Logotipo do evento co texto Ao redor de Fariña

Ao redor de FARIÑA

Adiccións de hoxe
explicadas no teatro

Unha conversa entre Xosé A. Touriñán e o equipo de Fariña cos Doutores en Psicoloxía e expertos en prevención de condutas adictivas Antonio Rial, Manuel Isorna e Patricia Gómez

DIRIXIDO Á MOCIDADE DE 14 A 16 ANOS E ÁS FAMILAS

12 marzo 2022 12:00H

Santiago

Auditorio de Galicia

Consegue un convite

18 marzo 2022 10:30H

A Coruña

Teatro Colón

Consegue un convite

*AFOROS LIMITADOS

Ao redor de Fariña é unha iniciativa social complementaria á obra teatral. A fracción comunitaria que nos permite afondar, dende o coñecemento, a realidade pasada e presente nun contexto continuo de novas adiccións.

Coa participación de diferentes expertos na materia, as diferentes sesións organizadas pretenden analizar a nosa sociedade actual, contextualizándoa sobre as táboas para, finalmente, reflexionar sobre as conductas adictivas e incidir sobre a importancia da prevención das mesmas.

Unhas xornadas lúdico-educativas dirixidas á mocidade e tamén ás familias, que perseguen ser facilitadoras na discusión interxeracional, asentando ás bases da conversa tanto no contexto inmediato do proxecto como fóra del.

Con este proxecto, en colaboración coa Deputación da Coruña, créanse espazos seguros e dinámicos nos que compartir información de carácter social dunha forma diferente e atractiva. A educación en valores necesaria para evitar o que noutro momento da nosa historia deu nunha auténtica traxedia.

Participantes

Foto de Xosé A. Touriñán

Xosé A. Touriñán

Actor, director e produtor. A súa carreira comeza na Televisión de Galicia no ano 2005 e até hoxe participa nun sinfín de pezas teatrais e audiovisuais, que o levan a ser un dos cómicos máis recoñecidos do país. Na actualidade produce e interpreta Fariña, o espectáculo teatral, un dos maiores éxitos do teatro galego con máis de 50.000 espectadores e máis de 200 funcións.

Foto de Patricia Gómez

Patricia Gómez Salgado

Doutora en Psicoloxía e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario como membro especializada na prevención do uso problemático de Internet e outros riscos da rede entre adolescentes. Na actualidade, exerce tamén como investigadora na Axencia Galega de Coñecemento en Saúde.

Foto de Manuel Isorna

Manuel Isorna Folgar

Doutor en Psicoloxía e profesor da Universidade de Vigo. Desenvolveu grande parte da súa experiencia profesional no Concello de Catoira, como responsable de prevención de drogodependencias. Exerce tamén como membro organizador no Congreso Internacional sobre o cannabis e os seus derivados e como docente na Academia Galega de Seguridade Pública.

Foto de Antonio Rial

Antonio Rial Boubeta

Doutor en Psicoloxía Social e profesor da USC. Autor de máis dun cento de artigos científicos en revistas de impacto internacional e coordinador de diferentes proxectos de investigación do eido da prevención. Director do Estudio sobre o Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia, levado a cabo por UNICEF España en 2021 e membro do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso.